O próximo día 22 de maio celebrase o día internacional da diversidade biolóxica, esta data ten coma obxectivo reivindicar a variedade de formas de vida e a súa forma de adaptación os ecosistemas que atopamos no conxunto da biosfera. A diversidade biolóxica ten unha función moi importante xa que aporta gran parte da riqueza a nosa terra.
Os seres vivos presentes no nosos planeta son froito dun proceso de evolución e adaptación o nos medio , moitos destes seres pereceron durante a andaina histórica , de feito estimase que as especies sobreviventes dende o nacemento da terra e só de 1% . Os humanos estamos provocando un gran perigo para que sobrevivan todas as especies , moitas das acción que día a día realizamos son nocivas e negativas para o conxunto da flora e da fauna que forma o noso planeta provocando o aumento de especies es perigo de extincións .
Deberiamos plantexarnos se os seres humanos queremos ser dentro do xogo da vida os que danemos o medio continuamente, se de verdade queremos esa función. Moitas veces nin nos paramos a pensar o dano que nos mesmos/as estamos a facer o planeta , como contaminamos os mares , os bosques , coma seguimos a utilizar materiais plásticos sen pararnos as contemplar que a repercusión que fan no ecosistema, e tampouco nos paramos a pensar no que todas estas practicas nocivas provocan na nosa propia saúde .
Parece que só temos unha visión e unha memoria a corto prazo , onde cada día que vivimos librámonos das consecuencias da contaminación masivas pero a realidade dista bastante desta visión antropocentrista , cada día é maior os casos enfermidades asociados o aparato respiratorio producidos pola contaminación do aire , casos de cancro , casos de ansiedade e dores de cabeza por mor da contaminación auditiva entre outras doenzas .
Quizais o único método de cambiar o noso pensamento é ter o pensamento egoísta de que agora tras terminar cos rios , montes , fauna... por fin nos toca a nós sufrir as consecuencias do que elaboramos ano tras ano maltratando o planeta .
コメント