Día mundial do medio ambiente
- educacion158
- 4 jun 2021
- 1 Min. de lectura
Segundo datos da ONU cada tres segundos perdemos una superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol , no último siglo destruimos a metade dos humedais existentes no planeta, sufrimos un aumento de 1,5 graos o ano por mor do calentamento global e 50 % dos arrecifes de corais perdéronse na actualidade e prevense que para o 2050 esta cifra sega en aumento.
Este ano o lema do día mundial do medio ambiente centrase na restauración dos ecosistemas , por medio do lema “Reimaxina , recrea e restaura” , polo que se pretende previr , deter e reverter o dano causado a natureza.
Todos os 5 de xuño dende o ano 1974 celebrase o día mundial do medio ambiente con fin de facer unha xornada de reflexión sobre o coidado que lle estamos brindando o noso planeta , atender as causas e consecuencias das practicas abusivas que danan o noso medio e posibles accións que favorezan a mellora dos nosos ecosistemas. Este ano 2021 conta coma Pakistán coma país anfitrión e nesta conferencia poranse sobre a mesa a esixencia de accións urxentes para o desenvolvemento dos ecosistemas.
Dende a ONG mestura traballamos co fin incidir na importancia do respecto polo conxunto da fauna e flora do noso planeta, realizando acción de sensibilización continuas co fin de promover sentimentos de respecto , solidariedade e empatía co noso medio

Комментарии