top of page
papa grande
Buscar

VISITA A GRANXA

  • Foto del escritor: educacion158
    educacion158
  • 2 oct 2019
  • 1 Min. de lectura

Neste novo vlog, adicado a divulgación medioambiental dentro do programa Voz Natura , hoxe falamos sobre o bo trato animal , atendendo a que o próximo día 4 de octubre, celebrase o día dos animais .


Sensibilizar a poboación do maltrato animal e importante para evitar practicas abusivas por parte de grandes industrias. Para que os/as mais pequenos/as da entidade empatizaran con esta problemática , este verán os nenos e nenas da asociación tiveron a oportunidade de visitar a “Casa grande de Xanceda” .


Esta granxa, situada na localidade de Mesía (A Coruña) , conta cuns grandes profesionais que nos atenderon e responderon a todas as nosas preguntas . Na visita os/as nenos/as aprenderon a xestión das súas instalacións, sempre baseadas nun bo trato o animal e a obtención de productos 100% ecolóxicos, converténdose nunha das principais explotación agrícolas españolas respectuosas cos ritmos naturais do gando así coma dos outros animais que forman a granxa, e dos ciclos agrícolas das colleitas.


A nosa guía de visita , realizounos un tour polas instalación , presentándonos a todos os animaliños que viven na granxa e déixonos axudala a dar de comer as súas vaquiñas, cabalos, galiñas e cabras , para que os pequenos/as observaran o duro traballo que conleva.

Foi unha experiencia onde todos/as os nenos/as aprenderon a importancia do bo trato animal , do respecto polas seus ciclos de vida e o seu desenvolvemento natural.




 
 
 

Comments


cerdo de dibujos animados
Tocando la flauta
animal de la historieta
Pimienta de chile rojo
berenjena
  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
bottom of page