Coa chegada de outono a Galicia, chega a festividade do Magosto, festa tradicional galega que consiste na recollida e posterior realización das castañas asadas. Coma costume adoitase que a xente xúntese cos seus amigos e familiares con motivo da celebración do magosto o arredor dunha fogueira onde se realiza a castañada, e pasen unha bonita xornada entorno a esta bonita tradición galega.
O magosto iniciase o 1 de novembro coa festividade de todos os santos e remata o 11 de novembro día de San Martiño , aínda que este festexo e típico de toda Galicia celebrase especialmente na provincia de Ourense e no sur de Pontevedra, xa que son áreas que conservan un maior numero de soutos o castañares.
Neste vlog de difusión medioambiental , e aproveitando a festividade do Magosto falaremos dos castaños, unha arbore esencial do paisaxe galego e produtor do elemento principal entorno a esta festividade, a castaña .
Os romanos foron os primeiros que trouxeron esta arbore a Galicia , xa que estes observaron que esta especie era ben mais produtiva que outras arbores autóctonas, e por elo, comezaron a incentivar a súa plantación. Por outra parte os seus abundantes froitos servían de alimentación para moitas persoas e gando. Pero a mediados do S. XIX esta especie arbórea sofre unha grave crise debido a unha enfermidade que afectou a súa especie, e isto iniciou a plantación de novas especies .
Coma curiosidade se datan castaños de mais de 1000 anos de antigüidade na nosa terra .
E importante a recuperación de especies autóctonas para frear a invasión de especies foráneas que invaden a nosa terra causando un grave prexuízo medioambiental . Dende fai uns anos estimulase a plantación do eucalipto, por ser un dos principais elementos da proliferación da industria da madeira, xa que un arbores que se caracteriza por medrar de forma rápida e producir grandes beneficios económicos para este sector. Pero non debemos de esquecer que é unha arbore que se caracteriza por incidir no empobrecemento do chan e ser un dos factores determinantes para a propagación de incendios en Galicia.
É moi importante conservar a correcta localización das especies , o respecto polo noso medio e da súa fauna e flora e transcendental para o noso planeta .
Comments