Dende o pasado 14 de Febreiro “Dia mundial da enerxía” ata o vindeiro 5 de marzo “Dia mundial da eficiencia enerxética” , nas aulas onde se desenvolven as actividades do programa de difusión medioambiental voz natura, estamos a prestar vital atención a o factor enerxético , traballando contidos que nos aporten información sobre eficiencia enerxética , modos e usos renovables de enerxía e o transfondo que todo isto implica para a noso planeta.
Existen moitas razón polas que motivar a mellora da eficiencia enerxética entre elas :
- Facer un uso , responsable e racional da enerxía , o longo só dun día chegamos a desperdiciar unha gran cantidade de enerxía (luces prendidas sen necesidade, uso de aparellos en rangos horarios de maior consumo etc...)
- O aforro das familias . A redución do coste do uso enerxético, tradúcese nunha baixada do coste da electricidade e unha mellora nos aforros das familias.
- Redución de factores nocivos que afectan o noso planeta
Apostar por unha mellora nas infraestruturas e suministros de enerxías renovables tamén seria un gran avance para un uso mais responsable da enerxía , isto a longa tamén causaría unha redución de factores que afectan o medio importante.
Esta na túa man axudar e apoiar a restablecemento dos ciclos vitais do noso planeta , ser responsable e coidadoso co noso medio .
Comments