A ong mestura dende o programa Voz , que procura a protección do medio ambiente achega hoxe un post sobre a importancia da prevención da expulsión de gases nocivos a atmosfera , con motivo da celebración o pasado 16 de setembro, da conmemoración do día mundial para a preservación da desaparición da capa de ozono.
Así contámosvos, que alí polo ano 1987 firmouse o primeiro acordo mundial entre países para contribuír a reducir a metade os gases emitidos a capa de ozono nun prazo de 10 anos . O obxectivo deste acordo era sensibilizar a opinión publica da importancia do compromiso co noso entorno.
Dous anos ante , no ano 1985 o científico Mario Molina , descubriría o burato da capa de ozono , https://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Molina e con este descubrimento saltaron as alertas a nivel mundial , sobre o perigo que ocasionaran durante anos a produción masiva dos CFC e que han deixado desprovista a terra de protección contra os raios ultravioleta .
Todo isto pasaba por aquel entón, pero na actualidade , como se encontra a nosa capa de ozono .... Actualmente, os/as científicos/as nos informan que no 2019 estamos ante o burato da capa de ozono máis pequeno ata agora observado , pero que non debemos relaxarnos en canto as prevencións que debemos seguir practicando, podes consultar máis no seguinte link : https://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/la-capa-de-ozono-se-recupera-con-altibajos.
Sabias que ??? O burato da capa se encontra situado na Antártida é que normalmente comeza formarse no mes de agosto e alcanza o seu crecemento pleno no mes de outubro .
Recorda a necesidade de coidar o noso medio , nas túas mans esta que o mundo que ves agora sobreviva .
Comments