PASA PALABRA
- educacion158
- 25 ene 2021
- 1 Min. de lectura
Dende o programa de difusión medioambiental Voz Natura seguimos a traballar a mellora das competencias en materia ecolóxica. Desta vez, realizamos un divertido pasa palabra interactivo, no que os/as nenos/as integrantes do proxecto , traballaron novos coñecementos relacionados coa flora e a fauna do noso medio e a importancia dos fenómenos naturais que envolven os ciclos vitais da terra.
Dende Mestura, adaptámonos a nova situación por medio das vía telemáticas a nosa disposición ,coa intención de chegar a nosa comunidade e repercutir no seu coñecemento medioambiental coa intención de promover neles sentimentos de empatía e respecto polo medio que nos arrodea.

Comments