Este mes asistimos a unha charla sobre o ouro doce de Galicia, vos estaredes preguntando que iso do ouro doce? Pois ni máis ni menos que a mel, a sesión foi levada a cabo polo compañeiros/as de, "Mel de Galicia: Ouro doce", os cales nos falaron sobre as propiedades naturais deste producto, dos beneficios que aporta na nosa dieta edo seu sabor entre outras moitas cousas.
Durante esta sesión aprendemos o traballo dos apicultores galegos e as diferentes variades de mel que se fabrican na nosa terra: mel de Carballo, mel de eucalipto ou mel de brexo etc...son algunhas das meles que degustamos e que coñecemos como se obtiñan.
Esta charla tamén nos serviu para achegarnos algunhas das especias autóctonas de Galicia e para debater sobre as especies foráneas que interrompen o ciclo da produción da mel e terminan con un dos insectos mais esencias para a conserva do medioambiente , as abellas .
Achegámonos por medio desta sesión a problemática da velutina, e todos/as acordamos que é un mal do noso planeta . Este insecto que proven da zona asiática do mundo ,ten un tamaño maior ca abella común e , é depredadora desta última .
Erradicar a Vetulina, e importante xa que as abellas son as principais realizadoras da polinización proceso onde se involucra e inicia o proceso da fotosíntese tan importante, para que as plantas xeren o osixeno que nos permite seguir respirando.
Comments