Hoxe día 22 de abril é o día mundial da terra, a celebración de este día foi promovida polo profesor e científico Morton Hilbert que no ano 1968, comezou a organizar conferencias reclamando a atención sobre o deterioro do medio ambiente ,posteriormente xunto o político Gaylord Nelson (4 de Xuño 1916 - 3 de xullo de 2005) e tamén activista medioambiental, realizaron a primeira gran manifestación a favor do medioambiental , celebrada o 22 de abril 1970.
Tras esta data, creouse a primeira axencia ambiental nos estados unidos e celebrouse a primeira conferencia internacional (Estocolmo 1972) co obxectivo de sensibilizar os líderes mundiais sobre os problemas medioambientais que recibiu o nome de “Cumbre da terra”.
Este día tamén serviu como base para dar continuidade a voz da terra , reclamando concienciar a sociedade sobre os problemas da contaminación, a sobre explotación dos recursos e a importancia da conservación , respecto e conciencia sobre a protección da biodiversidade do planeta.
Actualmente a terra afronta a problemática do cambio climático , unha das maiores amenazas para o desarrollo sostible do planeta , outra das necesidades inmediatas e redución de materiais plásticos, materiais que tardan miles de anos en degrádanse é que xeran un impacto medioambiental nefasto para o noso medio .
Respetar e coidar a terra ten que ser unha das nosas prioridades, e importante educar o conxunto da poboación e concienciar o conxuntos dos lideres mundiais sobre as consecuencias da contaminación o mala praxis mediambietais provocan problemas en moitos casos irremediables nun futuro próximo.
O día de 22 de abril, por todo isto e máis e unha data a recalcar xa que serve para promover unha vez mais e a nivel mundial, a preservación da natureza o equilibrio do ecosistema e a loita contra as catástrofes medioambientais do noso planeta : catástrofes climatolóxicas , contaminación , desaparición das especies , aumento da temperatura global etc..
Comments