Boas a todos e todas, traemos novo blog dende o proxecto de educación mediambiental "Voz natura " debido a hoxe que día 18 de outubro celebrase o día mundial da protección da natureza.
A celebración deste día ten orixe no ano 1972 cando curiosamente o xeral arxentino Juan Domingo Perón mentres se encontraba exiliado en Madrid escribiulle as seguintes palabras a Kurt Waldheim por ese entón secretario xeral das nación unidas:
“A marcha suicida que a humanidade a emprendido a través da contaminación do medio ambiente e da biosfera, a dilapidación dos recursos naturais, o crecemento sen freo da poboación e a sobreestimación da tecnoloxía” e unha chamada para reverter a situación.
”
Na actualidade a pegada ecolóxica que os seres humanos estamos a sometemos a terra fai imposible que o medio se rexenere os mesmos niveis que se consume, por iso e de vital importancia frear moitas das accións abusivas sobre o planeta .
A protección da terra non debe ser unha cuestión que soamente compete a medioambientalistas senón que debe ser responsabilidade do conxunto da sociedade respetar, coidar e conservar o conxunto dos recursos presentes na terra e a súa biodiversidade.
Os nenos /as que integran a aula estivemos traballando estas semanas na importancia do coidado do medio ambiente , para elo realizamos diferentes actividades para recoller información sobre o estado no que se encontra o noso planeta e debatemos sobre que podemos facer entre todos para frealo . Deixamos unha pequena mostra .
Comments