O pasado 26 de xaneiro , celebrouse o día da educación ambiental . Un día a ter presente no noso calendario e para que serva para facer de novo, unha reflexión sobre o que acontece no noso planeta .
A celebración deste dia, remontase os anos 70 , cando a conciencia ambiental por primeira vez ponse en primeira plana, debido a un aumento do deterioro da natureza e destrución do ecosistemas e tamén cando por primeira vez os males do planeta son considerados coma un problema que afecta a toda a sociedade.
Pero non é hasta a conferencia de Georgia , onde se plantexa por primeira vez , a introdución da educación ambiental en todo o conxunto do proceso educativa como línea transversal o conxunto de materias educativas.
Moitos encontros internacionais o longo da historia determinaron a necesidade e compromiso do conxunto da poboación mundial , así coma dos estados e das grandes corporacións de asumir , respectar e loitar polo noso medio .
Tamén hoxe dia 28 , mostramos atención os gases nocivos , xa que e o dia mundial das emisións de C02.
Dende a Ong Mestura , seguimos a traballar cos nenos e nenas que forman parte do programa difusión medioambiental “Voz natura” , intentando que xeren e poidan transmitir a nosa comunidade conciencia ecolóxica.
Este mes na aula traballamos entorno a deforestación , co fin de que os nenos/as foran conscientes da necesidade da conservación do medio , e da importancia de manter vivo estes pulmóns do mundo .Tamén prestamos gran atención o acontecido en Australia estes últimos meses , observando os datos das especias que sufriron graves prexuízos o gran número de incendios incontrolados , estudo do cambio climático e que podemos facer todos nos para evitar estas catástrofes medioambientais .
Commenti