Calendario do mes de maio
- educacion158
- 12 may 2020
- 2 Min. de lectura
O mes de maio encontrase cargadiño de datas importantes, que teñen coma principal protagonista a natureza e os seres vivos que nel habitan .
Dende o programa Voz natura non queremos que se te esqueza ningunha, por iso para manterte informado/a, bótalle unha ollada o seguinte vlog onde falamos das datas que debes marcar no teu calendario ecolóxico.
Os pasados días 4 e 9 de maio celebrouse o “Día internacional sobre os incendios forestais” e o “Día mundial das aves migratoria” respectivamente. Ambas datas son de vital importancia para facernos recapacitar sobre a preservación dos espazos naturais e as ameazas que cada día sofre a fauna que nel habita .
O próximo 15 de maio celebrase o “Día internacional do clima” , no que se afonda na importancia da redución dos gases contaminantes e todos aqueles factores que están a influír no cambio climático. Esta mesma semana concretamente o día 17 , faise unha mención especial o positivo que é para o noso planeta, seguir unhas practicas adecuadas de reciclaxe de residuos coa celebración do "Día da reciclaxe" .
Os dias 20, 22 e 24 de maio tamén cobraran un sentido especial no noso calendario este mes primaveral .
Así o día 20 as protagonistas son as avellas , este insectos son os principais polinizadores e teñen unha das misión máis especiais e mais importantes para que o ciclo da vida siga o seu curso .
O dia 22 atenderemos a tan necesaria preservación da biodiversidade para que o equilibrio do ecosistema global sega a resistir, e por último pero non por elo o menos importante o 24 de maio , día o que botamos unha ollada o conxunto de parque naturais de Galicia, e que contribúen a riqueza natural do continente europeo .
Como ves este mes esta cheillo de datas de interese e moi importantes de recordar . Agora máis que nunca, que somos conscientes da importancia dos espazos o aire libre no entorno natural , sexamos respectuosos e atendamos as prácticas que no pasado fixeron debilitalo . Recorda a natureza é vida e o teu deber é preservala e garantila para ti e para os que veñen.

댓글