top of page
papa grande
Buscar
Foto del escritoreducacion158

Auga e saúde

No programa de difusión medioambiental Voz natura seguimos a traballar a prol da conciencia sobre o coidado do noso planeta .


Nestas últimas semanas adicamos parte das nosas sesión a traballar entorno "O día mundial da auga" celebrado o pasado 22 de Marzo, promovendo actividades e dinámicas entre os nosos participantes que xeren respecto por este ben liquido tan necesario para a vida .


A auga é un elemento natural necesario para o desenvolvemento sostible do planeta . Datos da ONU revelan que máis de 2200 millóns de persoas viven sen acceso a auga potable .


Este ano O Día mundial da auga , trata do significado que supón este ben para planeta e para os seres vivos que nel habitan o seu verdadeiro valor e como podemos protexer este recursos vital tan importate.


Por outra banda , iniciamos este mes de abril , concienciando sobre hábitos de vida saudables que melloren a calidade de vida e o benestar das persoas, o pasado 7 de abril celebrouse o día mundial da saúde e por iso traballamos entre os nosos participantes dinámicas e xogos que potenciaran o camiño a hábitos de vida saudables .


Debido os anos que estamos vivindo, fíxose moito máis visible a desigualdade de acceso a saúde por parte dos colectivos menos favorecidos, este ano o día mundial da saúde tamén pretende ser un berro a favor da igualdade e non discriminación.







1 visualización0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


cerdo de dibujos animados
Tocando la flauta
animal de la historieta
Pimienta de chile rojo
berenjena
bottom of page