Monet, Vicent van Gohg, Seurat, Paul Cézanne , foron artistas recoñecidos a nivel mundial pola súa obra pictórica, na súa colección de cadros podemos encontrar moitos referidos a representación de paisaxes .
Os nenos e nenas de “As nosas cores ecolóxicas”, realizaron unha actividade na que estes artístas e as súas representación de paisaxes cobraron vital importancia.
Entre a obra destos pintores eliximos varias láminas , buscamos información sobre os diversos cadros e os seus autores e ano de realización , para posteriormente facer a nosa re - interpretación dalgunhas das obras .
A actividade serviunos para descubrir como estes artistas representaban a paisaxe que lles rodeaba .
Algúns das láminas elixidas foron entre outras , “Un baño en Ansieres” (Seurat, 1884) , obra na que se representa a periferia da cidade de París e onde podemos observar a vexetación , o río e a contaminación da cidade francesa “Nenúfares” (Claude Monet ,1899) , eliximos unha das súas lámina desta serie, onde o artista retrataba a súa natureza máis próxima , “Olivo con cielo amarillo y sol” (Vincent Van Gohg , 1888) cadro que pertence a serie de pinturas do autor que representan paisaxes o aire libre .
.
Comments