O día 4 maio é o día internacional do combatente de incendios forestais, en Galicia é moi importante a labor destes profesionais xa que grazas a eles/as os lumes acontecidos neste últimos anos lograron ser controlados e sofocados. Estas persoas tamén son unha base importante coma voz hacia a prevención de incendios.
Comezamos unha etapa de especial risco de lumes, onde as condicións meteorolóxicas son adversas ,as altas temperaturas e a previsión dunha tempada de poucas choivas favorecen a proliferación . Da mesma maneira a tempada estival tamén e proclive a que comecen a tempadas de campismo, onde as persoas en ocasións non actúan coa responsabilidade e respecto necesario polo medio ambiente , por outra banda tamén debemos falar daquelas persoas que de forma directa provocan lumes de maneira mal intencionada .
O traballo das persoas que combaten os lumes , tanto de maneira profesional coma todos/as aqueles/as que deciden de forma individual a salvagarda dos nosos montes e fundamental para preservar estes espazos .
Os montes son o pulmón do noso planeta e imprescindible valoralos e aprecialos coma se merecen , o seu coidado e responsabilidade nosa. xa que se os montes se ven danados, nos repercute directamente no noso benestar futuro e no futuro de todos/ as que están por vir .
Comments