O día 12 do mes de Febreiro do ano 1809 concretamente en Shrewsbury, unha pequena cidade de Inglaterra nacía Charles Darwin .
Un dos personaxes mais interesante entorno a protección da natureza debido as súas aportación e estudo sobre as especies e o seu entorno natural .
Tras licenciarse na universidade de Cambridge e Edimburgo , Darwin inicio unha viaxe onde realizou unha observación exhaustiva sobre as especies nos medios naturais e a súas formas de supervivencia. Esta viaxe e os resultados obtidos da súa observación , serviríalle posteriormente para elaborar a súa teoría sobre a selección natural , antesala para a elaboración da sua obra "A orixe das especies" ,fpublicada o 24 de novembro de 1859 e a que consagraría a Charles Darwin coma o pai da bioloxía moderna .
Por outra banda hoxe 11 de Febreiro, non queremos deixar pasar una data moi especial a celebración do " Dia mundial da muller e nena na ciencia" , a igualdade nesta disciplina e unha barreira que temos que mellorar e superar ao igual que noutras disciplinas , se queremos lograr os obxectivos do desenvolvemento sostible .
Nos últimos anos o conxunto da comunidades científicas internacional, comezou a promover e apoiar a participación das mulleres e nenas na ciencia.
Según datos na UNESCO menos do 30% dos investigadores en todo o mundo son mulleres e so un 30% das estudantes escollen entre as súas preferencia de estudio as ciencias, moitas veces a preferencia agora de escoller vese coaccionada por prexuízos e estereotipos que arrastran as mulleres a aloxarse deste sector académico e ubicarse en outros histórica e socialmente mellor aceptadas .
A continuación amosamos algunhas das mulleres pioneiras da ciencia en Galicia .
- Antonia Ferrín.Ourense, 1914-Santiago de Compostela, 2009). Foi a primeira astrónoma galega.
- María Teresa Miras Portugal, Foi presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, a primeira muller na historia.
- Minia Manteiga, (Negreira, 1963). En 2018, esta profesora da Universidade da Coruña converteuse na primeira catedrática de Astrofísica de Galicia.
- Angela Ruiz Robles , patentou un libro de texto para os estudantes que funcionaba cun sistema mecánico de aire a presión, ao que se podían engadir diferentes carretes correspondentes ás distintas materias, e ao que deu o nome de Enciclopedia Mecánica. Unha especie de predecesor do libro electrónico que a fixo pasar a historia
Esta semana os nenos/as das nosas cores ecoloxicas adicaremos a homenaxear a figura de Darwin e as mulleres e nenas na ciencia no campo da ecoloxia e bioloxia.
Comments