O día 7 de abril celebrouse o día mundial da saúde. Este ano 2019 esta data foi adicado a reivindicación dunha cobertura sanitaria universal, perseguindo unha única meta que todas as persoas poidan acceder a ter unha atención sanitaria.
Dende “As nosas cores ecolóxicas” sumámonos a esta causa, e aproveitamos para reivindicar a súa vez a saúde do noso planeta , xa que gozar de un medio saudable e unha característica implícita a gozar de unha boa saúde.
Para que poidades coñecer un pouco o estado no cal se encontra a biodiversidade global , observamos os datos obtidos do estudo realizado por WWF e a Sociedade Zoológica de Londres , que durante dúas décadas adicaronse a rexistrar a fauna e flora de máis de 16. 000 poboacións de todo o mundo, e no cal, acadaron algúns dos seguintes resultados :
- A Sobreexplotación do medio e unha das principais causas da perda da biodiversidade do noso planeta
- El 90 % das aves do planeta teñen plástico no estómago
- A auga doce veuse reducida un 83 % dende 1973
Se queremos manter a saúde do noso planeta temos que ser conscientes que gran parte do dano esta causada polas accións humanas, o aprendizaxe do respecto polo medio e esencial para ser consciente da necesidade do seu coidado , nas nosas mans está realizar acción que respeten a biodivesidade do noso planeta.
Aire limpo , terras fértiles , augas non contaminadas etc... Contribúen non só a boa saúde da flora e fauna do planeta , tamén contribúe de forma directa o benestar e a saúde das persoas que nel viven.
�
Comments