Esta semana os/as nenos/as das nosas cores ecolóxicas dentro do programa de difusión ambiental Voz Natura adicaronse a realizar unha pequena hortiña de interior. Para a realización desta actividade utilizamos integramente material de refugallo.
Para a fabricación e a realización deste espazo de plantación de interior, utilizamos unha pequena caixa de madeira , vasiños de plástico reutilizados e biodegradables para utilizalos coma macetas , unha pouquiña de terra con abono ecolóxico, sementes e auga .
Nesta ocasión plantamos unha verduriña moi típica de Galicia os grelos , desta forma aproveitamos para explicar e dar a coñecer esta especie vexetal tan típica galega . Aínda que os grelos se plantan nos meses de xuño e agosto para poder desfrutar deles no inverno , tamén é o finais do inverno cando se produce a súa floración ,dando lugar a unhas frores de cor amarela.
Para todos/as aqueles que descoñezan os grelos, dicir que dita verdura procede do nabo e que xusto son os tallos que aparecen na pranta antes da súa floración .Os grelos non os debemos de confundilos coas nabizas que son as follas ternas que parecen na mesma planta pero mentres esta en crecemento .
Os grelos están catalogados coma unha indicación xeográfica protexida que integra diferentes variedades , empregase para a elaboración de pratos como o caldo , cocidos e potaxes.
Durante estes meses actualizaremos coma vai a nosa hortiña en futuras publicacións , tamén cando o tempo no lo permita comezaremos a incursión na nosa horta ecolóxica.
Comments