Bo día! Hoxe 22 de marzo , celebrase o día mundial da auga e dende “As nosas cores ecolóxicas”, queremos mandar un mensaxe de respecto e coidado por este elemento xa que é esencial para un lograr un desenrolo sostible.
O 71 % da superficie do noso planeta esta cuberta por auga, pero só un 1% dela esta alcance do ser humano, os próximos anos os problemas relacionados cos recursos hídricos irán en aumento debido entre outras causas, o aumento da demanda da poboación mundial de este elemento , os efectos do cambio climático e políticas medioambientais insuficientes …….
En consecuencia o acceso a auga potable e o seu saneamento para o uso doméstico verase afectado, e con el o benestar do conxunto do noso planeta e dos/as que nel vivimos.
¿Porque é tan importante a auga?
A auga e elemento esencial e imprescindible para todas as formas de vida coñecida (Un humano non podería vivir máis de cinco dias sen auga). O acceso a auga potable é un dereito humano recoñecido polas nacións unidas .
Por outra banda , non esquecer que a carencia de auga sirve de dato indicador de pobreza, a meirande das persoas que sofren de dita carencia pertencen a países en vías desenrolo, de acordo coas nacións unidas , a escaseza de auga afecta actualmente a un 40% da poboación mundial en datos , 2100 millóns de persoas carecen de acceso a auga potable, 4500 non teñen servizo de saneamento adecuados e máis de 700 nenos/as menores de cinco anos morren cada día por esta razón .
Co fin de frear as fatídicas consecuencias, a conferencia das nacións unidas sobre o medioambiente tomou como obxectivo primordial a protección o desenrolo sostible dos recursos hídricos do planeta para fomentar a cooperación e alianzas a todos os niveis, co fin de contribuír a lograr as metas sobre a auga.
A auga e vida, e cada gota conta ,nos tamén debemos e podemos tomar cartas sobre o asunto realizando accións responsables sobre o uso e consumo do auga na nosas vida diaria .
Kommentare