22 DE ABRIL DÍA DA TERRA
- educacion158
- 22 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Todo o quipo da ONG Mestura e os nenos e nenas que participan no programa de difusión medioambiental Voz natura – «As nosas cores ecolóxicas» prestamos especial atención a este día.
Aínda que nestes días a maioría das noticias se centran na crisis sanitaria que estamos a vivir, non podemos esquecer os desafíos ambientais aos que nos enfrentamos como sociedade. Durante esta cuarentena, debido á minimización do transporte en carretera e as actividades comerciais, observouse unha diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro. . Ademais, o confinamento tamén nos deixou imaxes sorprendentes da nosa fauna: animais que reclaman o seu hábitat e se deixan ver por zonas menos habituais (osos, raposos, arroaces…).
Confiamos que desta situación tan crítica que nos tocou vivir podamos aprender a adquirir hábitos de consumo de bens e servizos máis sostenibles e responsables, para coidar da nosa Terra.

Comments