top of page
papa grande
Buscar

17 de abril , Dia da loita campesiña

  • Foto del escritor: educacion158
    educacion158
  • 16 abr 2021
  • 1 Min. de lectura

Este 17 de Abril conmemorase o Día internacional da loita campesiña, este día serve de referencia para que as persoas, adicadas a tarefas no ámbito rural, reivindiquen o seu papel como produtores/as das tan necesarias materias primas .


Orixinouse a celebración deste día ala polo 1996 , cando o movemento chamado “Vía campesiña” resolveu na súa segunda conferencia celebrada en México , homenaxear a 19 campesiños/as do movemento “Sen Terra” do Brasil .

Dende entón os/as traballadores/as do medio rural de todo o mundo, marcan nos seus calendarios o 17 de abril para recordar o planeta, a crise que arrodea o seu entorno laboral


O actual modelo centrado no monocultivo acelera a degradación do solo e afecta a súa vez os ecosistemas naturais compostos por microorganismos , insectos e diferentes especies.


Segundo informes da FAO (Organización de las nacións unidas para la alimentación e a agricultura) no seu último informe sobre a perspectiva mundial da alimentación, alértanos sobre a o desprazamento das terras cultivables da poboación rural a mans de macro proxectos industriais destinados a unha explotación masiva .


A reivindicación deste día ten coma obxectivo cuestionar o papel das grandes corporacións agrícolas e a relación que teñen coa crise alimentaria global .


Dende o programa Voz natura de difusión medio ambiental , queremos visualizar o traballo dos/as pequenos/as labregos/as galegos/as que traballan día a día as súas terras respectando os ciclos naturais da mesma, apostando por un método de agricultura sostible e menos agresivas para o medio ambiente .




 
 
 

Comments


cerdo de dibujos animados
Tocando la flauta
animal de la historieta
Pimienta de chile rojo
berenjena
  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
bottom of page